Dende a ASEMBLEA
ANTICAPITALISTA DE LUGO queremos expresarvos a nosa solidariedade de clase,
coas 14 persoas detidas estes días nos actos en defensa da sanidade pública no
Centro de Saúde Federica Montseny de Vallekas.
Nunha teima
represora do Goberno do Estado, cumplindo ordes da banca internacional, os seus
verdadeiros xefes, a cada volta hai máis persoas e colectivos no seu punto de
mira.
O Código Penal
é o instrumento polo que cada vez máis persoas e máis colectivos pasan a ser
considerados inimigos, a represión medra a un ritmo exponencial e a policía é
quen dicta a cada intre que é o que se pode facer.
Os Tribunais
están tamén ao servizo de esa represión fascista, sendo a sua máxima expresión
o Tribunal de Orde Publica coñecido oficialmente como Audiencia Nacional (onde
xulgarán estes días a catro independentistas da Galiza).
Nós temos o
convencemento de que só a unidade de clase, seña na Galiza ou en outras partes
do Estado, será quen de sacarnos de esta opresión e que a solución non pode vir
da mao de remendos capitalistas. É por eso polo que mandamos o noso apoio e
unimos ás nosas forzas ás vosas para seguirmos avanzando.
VIVA GALIZA
ANTIIMPERIALISTA !
VIVA A
SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA !
VIVA A CLASE
OBREIRA !
Sem comentários:
Enviar um comentário