A Asemblea Anticapitalista de Lugo somos cientes de que a loita de
clases segue vixente, a pesares de que tentan convencernos de que eso
xa é cousa do pasado. Sabemos que a loita de clases é o motor da
historia. Sabemos que foi gracias a ela que se conseguiron os dereitos
(dereito non é o que alguén te debe dar, dereito é o que ninguén te
debe quitar) de que gozamos ata agora e que agora estan a roubarnos.
Sabemos tamén que hai duas clases antagónicas; a dos que explotan,
oprimen, esclavizan e a das persoas que somos explotadas, oprimidas,
roubadas, esclavizadas...; nós. Que esa clase media da que moita xente
se sentía parte non é máis que un invento aletargador, da que agora
prescinden porque xa non lles fai falta.
Por eso queremos repasar a historia desta loita de clases, a gloriosa
historia do movemento obreiro e farémolo a través de películas que
poden suscitar un debate posterior entre todas e todos nós.
O ciclo será no Centro Social Madia-Leva! de Lugo, e a primeira destas
películas é a historia dun sindicalista inmigrante nos EUA a
principios do século pasado. Verémola no C.S. Madia-Leva (Sª Ancares,
18 baixo), o vindeiro 7-5 (3ª F), ás 20 h.
Sem comentários:
Enviar um comentário