A Asemblea Anticapitalista de Lugo, en colaboración co Centro Social Madia Leva, vai poñer en andamento unha Cousateca.
Con esta iniciativa queremos facer unha achega cara a creación de
alternativas populares e cooperativas, que deben pasar por unha negación e superación do sistema
capitalista.
A Cousateca non é un invento noso; funcionaron e funcionan máis no País, e
como todas elas intenta ser un espazo para compartir, unha alternativa ao
consumo individual, un ensaio para aprendermos a colectivizar e compartirmos as
nosas cousas.
Nesta Cousateca combinaremos o espazo real e o virtual. Como xa dixemos
máis arriba contamos cun sitio no Centro Social Madia Leva, onde depositamos as
Cousas, cedidas ou en préstamo, e
dende onde atenderemos tódolos martes (3ª f) de 20 a 21 h.
Aínda que é unha iniciativa local, poderíase integrar tamén nun proxecto
nacional de máis alcance.
As persoas que desexen participar neste proxecto, aportando Cousas ou utilizándoas, poden facelo
poñéndose en contacto con nós por calquera dos medios aquí indicados, no local
ou no correo.
Cremos que este tipo de iniciativas, unhas parciais como os espazos de
troco, a creación de moeda social, os bancos de tempo, os planos de axuda
alimentar… e outras máis globalizadoras como o proxecto da Mancomunidade
Integral Galega (MIGA), son necesarias nestes momentos en que o Estado, a Xunta
e o Capitalismo amosan a súa incapacidade ata para xestionar esta crise que
eles mesmos provocaron.
Pola Asamblea Anticapitalista,
Xose Lois Losada
Sem comentários:
Enviar um comentário